segunda-feira, 8 de abril de 2013


Blasfemo, e preguntas.
Xa non sei canto me durarán as respostas
pero afúndome no inefable de novo.
E quero escribirte. Si, escribirte, a ti,
encadearte en catro versos e reterte pra sempre.
Que a febre non acabe, que esta tolemia
non sexa só un lume infantiloide,
ou que o sexa, pero que me consuma a min tamén.

A fortuna é unha muller ingrata
coa que nunca durmín.
Na rúa non falan de nós
e non hai nada novo que escoitar.
Non tardes. Non me gusta esperar
o camiño dos teus dedos no recordo.

Non pido auxilio porque non o quero,
que queres que che diga?
Igual pensan que é da estación...
eu creo que chegaches ti vestida de chuvia
de abril, e nalgún intre que non recordo
todo cambiou.



Sem comentários:

Enviar um comentário