segunda-feira, 3 de março de 2014

A posibilidade é o que ti queiras,
un conto infantil, unha mentira
que nos ensina aquilo que non debemos aprender.
Constantemente.
A fórmula precisa do desencanto,
dun tempo de inverno.
Volves á casa, de súpeto o tempo cobra vida
e a vida perde tempo. 
Tempo de persianas baixadas,
de mundo contido en catro ínfimas paredes
onde o centro es ti
e o meu sangue dorme.
Melodías en calma na miña mente
e a lúa vixiando fóra.
Que non entre ninguén.

E o mundo esgótase nestes brazos,
nesta imposibilidade de ir máis dentro,
no límite que me prolonga ata o infinito da invasión
e sempre acaba en sábanas húmidas,
manifestación do límite da non limitación.


Sem comentários:

Enviar um comentário