sábado, 22 de março de 2014



Non todo o mundo ten o meu insomnio
nin todo o mundo quere que queiras
escoitarme fuxir.

O tempo de espera
é deixar durmir o sangue espeso
na almofada do inverno
e beber o tempo que gardei pra nós.
Nunca me sentira soa.
Sabía do abandono, sabía do "non",
do estar de máis.
Sabía estar na miña propia compaña,
sabía estar tranquila no medio da nada.
Mais non sabía o que era sentir a soidade
coma un dardo atravesando os dedos
nunha cidade onde non pasa o tempo
e a chuvia limpa o que non quixemos berrar
cando aínda tiñamos sangue nas veas.

Cando aínda tiñamos vida nas mans.




Sem comentários:

Enviar um comentário