segunda-feira, 31 de março de 2014

Toda viaxe que mereza a pena supón un cambio substancial na vida de alguén. Implica a solución a un problema, a resposta a unha pregunta, a aclaración dunha dúbida, a calma tras a tormenta, ou a tormenta despois dunha calma excesiva e longa. Toda viaxe que mereza a pena acaba con esa pena, devólvete a ese lugar onde a casa en ruínas non existía aínda, e vivíase igual.
Por iso toda viaxe depende esencialmente dun retorno ó punto de partida. Normalmente pénsase que se debe volver a un lugar que non cambiou nada, ou non cambiou demasiado. Outras veces a persoa que volve trae o cambio consigo e deixa de precisar iso.




Sem comentários:

Enviar um comentário