O aire.
Non son un obxecto, unha figura decorativa
desas tan bonitas que colocas no estante
para non lembrar
o que nunca debiches vivir.
Esqueces o engano, esqueces que non rematou.
E volves.
Consecutivamente. Reciprocamente.
Recordos concatenados en órbitas irregulares
camiñando cara a nada.
Só sabemos que as follas que hoxe nacen
serán materia morta que voará
nas longas tardes de outono.
Mentres, só queda pensar a golpes,
parar e quedar quieta, afogar
o resto do tempo. Escribir.
Sem comentários:
Enviar um comentário