segunda-feira, 24 de março de 2014

Unha noite máis e a ferida aberta.
Unha noite máis e sen durmir
contando os minutos do reloxo
e o medo do xamais no tellado.
Nesta hora de escuridade extrema
falta unha chuvia que me devolva a vida.
Falta a auga bendita do teu corpo
e un ollar que me devolva ó fogar,
construído con bicos e mans mornas.
Arrástrome cara un lonxe e un nome
que non quero pronunciar.

Parece que se foi e non se vai,
parece que se foi e non se vai.

O mundo pecha os ollos pra min 
e eu non son nada. Só unha gota de auga,
unha gota. Unha almofada gastada
e a miseria á porta. Un último son
desde o máis fondo. Non me quero ir.

Sem comentários:

Enviar um comentário