sábado, 9 de março de 2013
aporeticidade
Problematicidade aporética.
E non falo de personaxes de Estaxira ou Königsberg.
Falo de cando foxes e te perdes
pra atoparte nunha rúa sen saída.
O punto no que te decatas
de que seguir fuxindo non ten xa sentido.
Aínda que non saibas ben de que.
Chega con dous adxectivos
pra tratar coa vida
e ás veces esquezo a potencia da miña memoria:
"Este cerebro non se apaga, non se..."
Oscilación constante.
Xerar unha tensión e soportala. Ser péndulo.
Eles botáronnos os problemas enriba
e non deron ningunha solucón.
Mala centella os parta!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário