terça-feira, 26 de março de 2013

Se quixeses illar a soidade pra estudala a fondo
terías un tubo de ensaio coas células do día despois,
o silencio de cando te lavas con insistencia
e non sabes ben de que. Vale máis
a inmensidade dunha vida allea no retrovisor
cá atrocidade do desequilibrio que ollamos no espello
coma se non fose noso. A memoria.

Fallounos a memoria cando afrontamos unha vida
de exilios consecutivos e recíprocos. Órbitas
de recordos concatenados que non procuran nada
mais salvan a certeza de que o tempo trae de volta
o retorno amargo daquela illa deserta.


Sem comentários:

Enviar um comentário