segunda-feira, 11 de março de 2013
Non teño tempo pra quererte, síntoo,
nada máis que escribo e trago o que escribo,
porque o mesmo sodes as palabras e ti.
A escuridade é só unha cor máis, a miña,
e navegar soa non ten sentido sen naufraxio.
Meu Manoel Antonio, meu Celso Emilio Ferreiro,
meu Manuel Alegre e meu Lois Pereiro.
Que caos! Isto podería ser unha canción
(das de hoxe).
Téntame, e farei un poema con cada detalle
que usaches pra magoarme.
Buscar a combinación exacta das palabras,
espellismo desértico anegado en sangue,
invernos que cadran en agosto
e me deixan co corpo xeado.
Novas sementeiras neste campo de restrollos.
Palabras que sirvan pra nomearte
e rachar as cadeas do meu corpo.
Non teño tempo. Pero escribo. E non.
Nada máis. Máis non podo.
(agosto do 2012)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário