Igual que cando escorre o sangue coma auga
e regresas de entre un Outono de follas mortas.
A túa presenza ten un aquel de inercia
estática, un solpor que endexamais se completou.
Levas contigo o branco dun inverno
que nunca foi noso, a única estación
na que non baixamos a bicar o chan
porque non quixemos cuspir nel.
Unha última marea que tristemente
acariñamos coas puntas dos pés
pra atopar un xeito inútil de construír latexos
inertes e soportar a auga fría.
Unha mentira que quixemos crer
só pra manternos con vida.
A túa presenza ten un aquel de inercia
estática, un solpor que endexamais se completou.
Levas contigo o branco dun inverno
que nunca foi noso, a única estación
na que non baixamos a bicar o chan
porque non quixemos cuspir nel.
Unha última marea que tristemente
acariñamos coas puntas dos pés
pra atopar un xeito inútil de construír latexos
inertes e soportar a auga fría.
Unha mentira que quixemos crer
só pra manternos con vida.
Sem comentários:
Enviar um comentário