Engánaste outra vez. "Toda dor prolongada
é un insulto a ese esquecemento."
O tempo é unha puta que pasa
e non volve, nin queremos que volva nunca.
"Xa pasou e xa está", dicimos.
E estes días pasaron por enriba de min
veloces, deixándome nun estado de inconsciencia
non planificada
que me rebenta o cráneo.
Gústame a erótica de colocarme onde te sitúas
e contemplar como se ve todo desde aí.
Precisas un(ha) oftalmólogo/a.
Mais non lle dou voltas.
As luces son sombras luminosas
na terraza da humidade.
Entón ergo a cabeza
e o camareiro pregunta se quero algo máis.
- Non, grazas, está ben así.
Algunha vez pedín socorro?
Non me saques de aquí.
- Non, grazas, está ben así.
Algunha vez pedín socorro?
Non me saques de aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário