quinta-feira, 7 de março de 2013

Camiñas arredor sen dar pasos,
en perfecto movemento estático
e eu sei que sería unha catástrofe usar a forza.
Non falas de min,
falas do que quedou despois do ciclón,
un outono a medias que nin merece a maiúscula.
Lembra que esquecer non é unha opción
e que calar e tragar non sempre é o mesmo.
No centro gravitatorio queda a escuma vermella,
o sangue da literatura comparada
e o diacronismo. Nin o castigo de Prometeo é demasiado.

(E os que queden. E os que queden.)

O meu foi ficar aquí. Á espera.
(O día que me pechaches as portas
abrinche tódalas fiestras.)

Sem comentários:

Enviar um comentário