No espello interior revélase de novo o que nunca fomos.
A lóxica está case tan sobrevalorada
coma a comprensión do mundo arredor.
A rutina existencial. A falta de sentido.
Non podemos non dubidar porque non podemos
non ser. Dramatismo.
A vida tras dunha máscara que non deixa ver.
A debilidade á vista desde o escuro.
A urxencia de non saber onde comeza o absurdo,
de non atopar o punto de inflexión
que nos saca do abismo e nos devolve
dunha vez por todas
á realidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário