Escoito de novo (non sei por qué carallo non podo falar)
e toda esa merda atufa a nós.
Quero caos, dáme caos, reinventarei a historia
pra que soe peor aínda.
Un inverno a cabalo do Outono
e a primavera que non chega. (O verán non me gusta.)
O lado fácil da vida e a complicación na mirada.
Demasiado tarde pra unhas cousas,
demasiado cedo pra outras.
Toda esa merda atufa a nós.
Ninguén máis sabe que non se pode morrer dúas veces
do mesmo disparo
nin que sobra a retórica barata.
Faltan os erros á porta e anacos de silencio,
toda esa merda atufa a nós.
E case sen darme conta, deime conta:
se colles un ano máis nove meses
e o multiplicas por dous
vén dando algo así como tres anos
e medio. Marzo.
Un novo mes e unha nova estación,
e unha forma diferente de medir o tempo.
E impórtame un carallo, xa o dixen,
pero non sei por qué hostia
toda esta merda atufa a nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário